sábado, 30 de junio de 2007

A ecoloxía, a protección do Medio Ambiente, é un elemento fundamental dunha economía responsable e de futuro

Intervención de la presidenta del Grupo de Ecología Científica de Galicia (GECMA), Nelly Pérez Giráldez, en ACUDECO

"Señoras e señores representantes dos cidadáns nas institucións públicas, amigas e amigos, cidadáns todos.
Quero agradecerlles moi sinceramente, a súa presencia neste acto.
Sen dúbida esta nutrida presencia é a mellor demostración das expectativas que se teñen deste grupo tan relevante na historia da ecoloxía en Galicia, en Vigo e en toda a súa Área Metropolitana.
Permítanme compartir con vostedes, algunhas reflexións e algúns sentimentos.
0 primeiro deles, agradecerlle á a todos os asociados do GECMA e a toda a Xunta Directiva , a confianza reiteradamente depositada na miña persoa ó encomendarme exercicio tras exercicio a importante responsabilidade de presidilo. É unha grande honra e seguirei respondendo a esta confianza con todo o meu esforzo, seriedade e a máxima entrega.
Asumín, fai moitos anos, a Presidencia do GECMA de Galicia, comprendendo a grande responsabilidade que significaba. Pero sabia que non estaba soa. Manifesto con orgullo, que presidir o GECMA , que conta cuns técnicos profesionais, membros de distintas profesións do mundo do saber, contar con este equipo, con este grupo multidisciplinar de recoñecido prestixio, cuxa valía, sensibilidade e profunda dedicación persoal o avalan os propios feitos de centos de estudios que ten realizado o grupo, foi e é para min unha honra.
Estou convencida que seguiremos aguantándonos unha tempada máis e que contarei coa súa lealtade e a máis desinteresada colaboración, cós que conforman o grupo, así como cá daqueles que non pertencendo dunha maneira directa o GECMA , han colaborado e creen nel e se senten parte da mesmo.
En todo caso, vaia por diante a miña total disposición para con todos eles.
Historicamente alguén cree que a ecoloxía e a economía están en constante rifa, conflicto. Nada é menos certo. Vexamos, unha economía responsable apostaría por un bo saneamento e por unhas augas transparentes na ría que permitisen un mellor ecosistema e crear unha denominación de orixe dos producto da Ría de Vigo. Polo que podemos ver a ecoloxía, a protección do medio ambiente, son elementos fundamentais dunha economía responsable e de futuro.
Temos en Vigo o mellor porto pesqueiro do mundo e xa TURRIANO falaba na súa época de "un puerto de las barcas y todos géneros de naves y navíos junto a una gran ensenada denominada Pozo del Puerto o Fondeadero del Pozo". Temos en Vigo a mellor ría .........
Vigo, que é cidade dende o ano 1816, estivo habitada polos castrexos e os romanos, que deixaron moitas pegadas artísticas.
Vigo, coma a maioría dos portos galegos, sufriu frecuentes ataques por mar, sendo o duque de Lancaster e Sir Francis Drake os asaltantes máis coñecidos. Tamén a Guerra da Independencia tivo aquí un dos seus escenarios galegos, ao ser a cidade ocupada polos franceses no ano 1809 e liberada polos exércitos de Morillo e Cachamuíña.
Ademais, esta cidade dependía da mitra compostelá, o que privou ao seu porto das concesións ao comercio ultramarino outorgadas ás vilas costeiras de reguengo. Isto determinou que non ocupase un lugar destacado ata que a navegación comercial se liberalizou no ano 1778. No século XVIII houbo algúns intentos de industrialización que non prosperaron.
Un feito relevante para o porto tivo lugar no século XIX, cando se autorizou o establecemento dunha leprosaría na illa de San Simón que, dadas as frecuentes corentenas ás que estaban sometidos os navíos da ruta americana, viña ser un elemento indispensable para todo porto que quixese entrar nas vías marítimas de percorrido longo. Un feito decisivo foi o establecemento de empresarios cataláns que aplicaron as novas técnicas e a organización empresarial á elaboración da sardiña, creando a base manufactureira da cidade moderna. Iniciouse así un proceso histórico caracterizado polo forte desenvolvemento da economía urbana e a formación dun primeiro capitalismo mercantil. A historia de Vigo pasou a ser a dos comerciantes e industriais que engrandeceron a cidade e lle deron ese impulso que o converteu no grande centro de iniciativas e de capital dentro dunha Galicia adurmiñada.
Como vemos, Vigo foi ó longo dos séculos lugar desexado, unha especie de "El Dorado" para Romanos, para as galeras turcas e tunecinas, para piratas ingleses, e outros de non tan lonxe. Vigo fixo fronte sempre e foi quen de chegar a namorar a todos eles para convertelos e converterse en referente do comercio marítimo internacional e referente mundial do mercado da pesca e os seus derivados.
Hoxe, sigue a ser lugar desexado, aqueles episodios de loita polo dominio do comercio marítimo se converten hoxe, en estratexias competitivas entre diferentes espacios marítimos. E o Porto de Vigo vive hoxe un escenario de competencia. O Porto e Vigo necesita mirar adiante e fuxir de liortas estériles de corto alcance.
Fai uns días Vigo comezou unha nova época, unha nova etapa chea de ilusión, de proxectos e compromisos. A miña felicitación ao novo goberno e o novo Alcalde, que me teñen a disposición; a miña felicitación a todos os concelleiros que conforman a nova corporación, desde GECMA desexámosllelos mellores éxitos e fortuna para levar adiante as accións e iniciativas polas que os cidadáns lles outorgaron a súa confianza.
E tempo de unión, de esforzo común. Todos, e digo todos, tomando como referente o OLIVO, árbore de identidade e de unidade; sen escusas, temos unha grande oportunidade fronte a nos. E non podemos fallar.
Neste senso, o GECMA, e eu na súa representación, queremos, quero expresar a miña aberta disposición a traballar nunha mesma dirección, con tódalas autoridades, institución, organismos e cos axentes sociais: empresarios e traballadores, movemento asociativo, con artistas e emprendedores, en definitiva con toda a sociedade, con tódolos cidadáns, porque estou convencida de que o progreso, o desenrolo sostible, da Comunidade demanda a existencia de políticas de cooperación e compromiso entre as súas institucións políticas, económicas e sociais.
O actual escenario económico internacional reflicte un crecemento do comercio e o transporte por riba da propia producción mundial. Esto significa que existe unha nova fase na economía globaliza. Os territorios se especializan en procesos encamiñados á fabricación de unidades e bens cada vez máis fragmentados e dependentes entre si. Desta forma, faise necesario reforzar as conexións entre os distintos establecementos productivos e de servicios, estimulando un aumento dos fluxos comerciais e polo tanto do transporte.
Un transporte que se efectúa, ademais, por medio de cadeas loxísticas e intermodais de alcance mundial, cada vez máis complexas e que responden ó concepto de transporte "de porta a porta".
Encontrámonos pois con dúas novas características no funcionamento do transporte marítimo que modifican certas pautas do mesmo: a fragmentación da producción e, fundamentalmente, o desenvolvemento da loxística intermodal.A Autoridade Portuaria de Vigo, debe respostar eficazmente neste novo escenario, mellorando as súas infraestructuras, pero sobre todo, traballando coordinadamente co conxunto de axentes e operadores do transporte, dende esta perspectiva do transporte "porta a porta" cunha oferta integrada intermodal marítima-terrestre/terrestre­marítima, apoiada nunha oferta loxística eficiente.O Porto de Vigo ha de traballar con visión de futuro e sabendo que está nunha ría que necesite compatibilizar as súas actividades cos insuperables recursos naturais deste precioso vaso mariño. Polo tanto a CALIDADE, SEGURIDADE, MEDIO AMBIENTE e SOSTENIBILIDADE, han de ser elementos esenciais para o desenvolvemento económico e social do Porto, que precisa solos comerciais, industriais e loxísticos, eficazmente comunicados. Todo isto debe ser a base que favoreza o desenvolvemento da economía da rexión, nas diferentes escalas.
Pero o Porto de Vigo tamén é fachada marítima dunha Cidade que reclama de forma xusta vivi-lo mar, vivi-la Ría de forma efectiva, que reclama recupera-lo mar para os cidadáns, para afondar nas tremendas posibilidades das actividades náuticas e deportivas como outro dos motores de desenvolvemento económico e social do noso entorno. Nos creemos que é posible, que é necesario, compatibilizar a imprescindible seguridade e calidade das distintas actividades portuarias coa apertura de espacios para o disfrute dos cidadáns e o desenvolvemento das actividades lúdicas e deportivas vinculadas co mar e coa Ría.Gustaríame rematar como comecei, agradecendo a todos a súa presencia, e reitero, a miña entrega absoluta e incondicional na defensa dun desenrolo, dunha cidade máis humana, dun Vigo mellor para os nosos fillos e netos, a Ría, as súas xentes o seu benestar, a calidade de vida son o principal motivo deste compromiso que adquirín fai anos e que renovo hoxe ante vos. Moitas gracias".

No hay comentarios: